publicidade hoxe

A Deputación da Coruña contribúe con 220.000 euros a distintos proxectos de Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPonteceso
A-
A+

A mellora de infraestruturas deportivas e parques infantís, a subministración dun camión para a recollida do lixo e a rehabilitación superficial de camiños públicos en diversas parroquias son os proxectos do Concello de Ponteceso para os que a Deputación da Coruña achega arredor de 220.000 € como consta nos convenios asinados polo responsábel da Área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira e o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido.

Por medio de tres convenios, a área de cooperación cos Concellos da Deputación da Coruña contribuirá a tres proxectos de especial relevancia do concello de Ponteceso cunha achega que ronda os 22.000 € en total.

A adquisición dun camión para a recollida de lixo cun financiamento por parte da Deputación de 112.001,08€ é o de maior importe dos tres asinados polo responsábel da área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, e o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido. O orzamento total da subministración é de 149.075, 63%, dos que a Deputación achega o 75, 13 %.

Infraestruturas infantís e deportivas

Obxecto de colaboración é tamén a obra de rehabilitación de camiños públicos en diversas parroquias do concello, financiadas con 67.528 € por parte da Deputación da Coruña. Con este proxecto, o concello e Ponteceso realizará traballos de limpeza das gabias e marxes dos camiños,creación de sobre anchos en treitos de terra, rehabilitación de pavimentos, limpeza de arquetas, embocaduras e obras de drenaxe e mellora do firme. As actuacións desenvolveranse nos núcleos de O Carballido, de Guxina, de Vilasuso, de Lestimoño, de Pazos e do Picoto. O orzamento total é de 84.411 € dos que o financiamento da Deputación supón o 84,41%.

Finalmente, Deputación e concello, colaboran tamén na mellora de infraestruturas deportivas e parques infantís cun orzamento de 50.000 € dos que 40.000€ son achega da área de Cooperación cos Concellos da Deputación. En canto ás instalacións deportivas, o proxecto reporá a malla do peche perimetral da pista polideportiva en Os Seixos e creará novos vestiarios do campo de fútbol de Corme-Porto no que tamén se instalarán bancos e se procederá á instalación eléctrica, iluminación, saneamento, abastecemento de auga e revestimento.

En canto ás infraestruturas infantís, o proxecto contempla a instalación de xogos e arranxo dos xa existentes en A Campara (parroquia de Cores), Ponteceso (parroquia de Cospindo) e Corme Porto.

30 de maio de 2016 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.