publicidade hoxe

A Deputación da Coruña colabora no financiamento do aparcadoiro de Bastiagueiro en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOleiros
A-
A+

O deputado responsábel da área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello de Oleiros, Ángel García Seoane, asinaron o convenio de colaboración a través do que a Deputación da Coruña contribúe co 57,14€ do financiamento do proxecto de aparcadoiro de Bastiagueiro.
A Deputación da Coruña achegará un total de 79.997 € á construción do aparcadoiro de Bastiagueiro, no Concello de Oleiros. Este é o contido do convenio asinado na mañá deste día 4 de maio entre o deputado responsábel de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

O orzamento total das obras ascende a 140.000 € dos que a achega da Deputación da Coruña supón o 57,14%. A ordenación do aparcadoiro de Bastiagueiro conta cun proxecto técnico de execución redactado pola enxeñeira municipal do Concello de Oleiros, Sandra M. Pérez Mosquera. O acordo inclúe o acordo de que, unha vez finalizada e dentro do período de vixencia do convenio, a entidade beneficiaria ten o compromido de destinala ao uso público para o cal está prevista.

4 de maio de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.