publicidade hoxe

A Consellería do Mar repara as instalacións da frota profesional do porto noiés de Testal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+

A Consellería do Mar investirá preto de 60.000 euros na reparación e acondicionamento das instalacións portuarias para a frota profesional no porto de Testal, no concello de Noia. Así o manifestou o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita realizada esta mañá ao porto noiés, acompañado do alcalde, Santiago Freire e do patrón maior, Santiago Cruz.

José Juan Durán trasladou o compromiso da Consellería do Mar co porto e afirmou que “esta actuación era necesaria dada a súa importante frota profesional que necesitaba unha mellora nas súas instalacións, ao ser un punto de descarga e venda dos máis relevantes do sector marisqueiro”. Explicou que esta actuación está en fase de contratación e que se executará nas vindeiras semanas.

As obras que se levarán a cabo consistirán fundamentalmente na substitución de fingers e brazos de amarre deteriorados polo uso e pola acción do mar, torretas de enerxía e auga, puntos de ancoraxe e unións entre pantaláns. Tamén se endereitarán algúns pilotes, colocaranse bitas e cornamusas. Ademais, no dique aboiante reforzaranse as unións dos módulos de formigón do rompeolas e substituiranse as arandelas de suxeición dos módulos.

13 de maio de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.