publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar acometerá obras de mantemento e reparación nos portos do Xufre, de Portonovo e do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO GroveSanxenxo
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 26.000 euros en diversas obras de reparación e mantemento que se realizarán nos portos do Grove, do Xufre e de Portonovo.

No peirao do Grove repararase o sistema de fondeo do dique aboiante, que sufriu algúns danos producidos polos temporais do pasado inverno. O investimento realizado supuxo un total de 21.000 euros.

No porto do Xufre e nas instalacións do porto de Portonovo as obras consistirán na reparación e mantemento de diversos pantaláns de uso profesional. O mantemento inclúe a colocación de elementos de amarre como bitas e argolas e táboas de madeira. O investimento nestes dous portos supuxo un total de 5.000 euros.

Estas reparacións forman parte das obras de mantemento e conservación levadas a cabo por Portos de Galicia ao longo do ano nas diversas instalacións portuarias, dentro da partida orzamentaria dedicada a este tipo de actuacións.

11 de maio de 2016 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.