publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A alcaldesa de Viveiro pide a baixa no PSOE e deixa a Deputación antes do seu xuízo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaViveiro
A-
A+
Europa Press

A alcaldesa de Viveiro (Lugo), María Loureiro, deixou a Deputación provincial, onde será substituída pola rexedora de Trabada, Mayra García, e tamén pediu a baixa do PSOE. Faino antes de someterse ao xuízo previsto para os días 7 e 8 de xuño por supostas irregularidades na concesión de licenzas de obra.

Loureiro pediu a baixa do PSOE en cumprimento “do código ético” do partido, pero continuará como alcaldesa de Viveiro, con carácter de independente.

A alcaldesa e outros dous membros do seu actual goberno, xunto ao resto de edís do PSOE que formaban parte da xunta de goberno en 2009, enfróntanse a unha petición do fiscal de tres anos e oito de inhabilitación por outorgar a licenza de obra que permitiu ampliar a fábrica de aerogeneradores de Vestas.

O xuízo na Audiencia de Lugo, tras a instrución do Xulgado Número 2 de Viveiro, iníciase o 7 de xuño.

Loureiro aproveitou para reivindicar que “o PSOE ten un código ético”, independentemente dos anos que leves militando, para todos os militantes”.

Confesou que afronta o proceso con “moita tranquilidade”, aínda que “é a primeira vez” que se enfronta a un xuíz. “Nós non cometemos ningunha ilegalidade e os informes están aí; así que o estamos a desexar porque levamos dende 2007 esperando”, defendeu

“OS VECIÑOS CONFIARON EN NÓS”

Loureiro seguirá como independente na alcaldía e avalada polo grupo municipal do PSOE.

“Hai un ano saíu a apertura de xuízo oral e, aínda así, os veciños de Viveiro confiaron en nós e hai que defenderse e demostrar que non cometemos ningunha irregularidade, polo que non vexo ningún motivo para dimitir na alcaldía”, razoou.

Non en van, destacou que sente “totalmente arroupada” polo “grupo municipal, os veciños e o grupo provincial” do PSOE.

31 de maio de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.