publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e concellos da área de Lugo acordan a renovación do Plan de transporte metropolitano para o 2017 cun orzamento de 130.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleiraCastro de ReiCastroverdeFriolGuntínLugoLugoO CorgoOuteiro de ReiRábade
A-
A+

A Xunta e os concellos da área de Lugo acordan por unanimidade a renovación do Plan de Transporte Metropolitano para o ano 2017, cun orzamento de máis de 130.000 euros. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, presidiu hoxe a Comisión de Seguimento do Transporte Metropolitano de Lugo, na que se autorizou esta prórroga que permite a continuidade dun plan que supón importantes aforros económicos para os usuarios, e que a Xunta financia nun 80%.

Esta área está integrada na actualidade polos concellos de Lugo, Baleira, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín de Pallares, Outeiro de Rei e Rábade.

A Xunta contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20% restante. Tamén se puxeron en marcha bonificacións do 100% dos transbordos e descontos adicionais aos usuarios habituais (15%) e ás familias numerosas (20% ou 50% segundo se ten 3 fillos ou máis).

Cómpre lembrar que a Xunta está a traballar para implantar este ano o Sistema de Axuda á Explotación (SAE), no marco do Plan de Modernización do Transporte Público de Galicia, coa fin de mellorar as prestacións de servizos do transporte interurbano.

O Executivo autonómico tamén está a traballar na reordenación integral do sistema concesional de liñas interurbanas para adaptalo á realidade territorial de Galicia e ás necesidades dos usuarios mediante o estudo de transporte a demanda que a Xunta vai licitar de forma inmediata.

29 de abril de 2016 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.