publicidade hoxe

Valentín García participa no acto conmemorativo do Día da Auga, da Árbore e da Poesía organizado na Ínsua dos poetas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO CarballiñoOurense
A-
A+
Valentín García no acto conmemorativo

Valentín García no acto conmemorativo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na Ínsua dos Poetas, na Esgueva, Madarnás, no acto co que a fundación que leva o seu nome conmemorou o Día da Auga, da Árbore e da Poesía 2016 en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coa Deputación de Ourense. Nel tomaron parte tamén o presidente da Fundación Ínsua dos Poetas e do PEN Galicia, Luís González Tosar; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

A experiencia congregou por sétimo ano consecutivo máis de 400 escolares chegados de centros de ensino da comarca do Carballiño e, por primeira vez, tamén doutros centros convidados doutras provincias, nesta ocasión, de Ribeira (A Coruña). Todos eles contribuíron á celebración da efeméride promovida pola UNESCO cada 21 de marzo con diversas actividades que incluíron un sentido recital poético e a plantación de preto de 300 exemplares de árbores autóctonas, en sinal do agromar da vida e da palabra e do respecto pola lingua, polo medio natural e pola ecoloxía, tamén lingüística.

7 de abril de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.