publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un tornado causa danos nun bar e nun piñeiral dunha praia da Pobra do Caramiñal

Europa Press

Un tornado rexistrado na mañá deste mércores causou danos importantes danos nun bar e nun piñeiral da Praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, aínda que non se produciron feridos. Segundo informaron efectivos de Protección Civil, foi o 112 quen avisou os servizos de emerxencia que un tornado se estaba a aproximar dende o mar á costa de Ribeira (A Coruña).

Con todo, foi na Pobra do Caramiñal onde tocou terra sobre as 11,30 horas. Alí causou importantes danos no bar Azul, situado nas inmediacións da praia de Cabío, ao que rompeu o toldo e o tellado. Ademais, segundo precisaron as mesmas fontes, arranco unha decena de piñeiros que estaban plantados nun piñeiral próximo ao areal.

13 de abril de 2016 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.