publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un raio provoca un incendio no transformador eléctrico que abastece Caldas de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaMeisPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un raio caído esta madrugada causou un incendio que queimou por completo o transformador eléctrico que abastece o concello pontevedrés de Caldas de Reis. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o incendio iniciouse sobre as 5,00 horas desta madrugada na estación situada no lugar de Tivo. O lume iniciouse no interior e calcinou o transformador de 50.000 litros de aceite que dá servizo á poboación.

Até o lugar desprazáronse os Bombeiros de Vilagarcía e persoal da empresa eléctrica. Así mesmo, tamén foron mobilizados efectivos do GES de Valga, Protección Civil e Garda Civil. O lume quedou extinguido minutos antes das 6.30 horas.

Por outra banda, outro raio causou danos na igrexa parroquial de San Martiño do concello pontevedrés de Meis. Segundo os datos de Emerxencias, o raiou impactou dentro do santuario ao redor das 21,00 horas deste martes e provocou a caída de cascotes.

Até a igrexa desprazouse unha dotación dos Bombeiros do Salnés, Protección Civil de Meis e a Garda Civil. A parte máis afectada foi a cúpula e o santuario quedou precintado ata que se comprobe o seu estado estrutural.

13 de abril de 2016 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.