publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un pai e o seu fillo de 16 anos son detidos por ameazar a un camareiro e disparar contra o letreiro dun bar de Xinzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosXinzo de Limia
A-
A+
Europa Press

Un home de 38 anos, S.R., e o seu fillo de 16 anos foron detidos este xoves pola Garda Civil de Ourense como presuntos autores de ameazas, tenza ilícita de armas e danos. Os feitos aconteceron sobre as 22,40 horas do mércores, cando pai e fillo ameazaron o camareiro dun bar de Xinzo (Ourense) no que causaron diversos estragos no mobiliario. Ademais, despois de saír do bar, realizaron un disparo contra o letreiro do local. No lugar atopouse un caquillo do calibre 6.35, segundo informou a Garda Civil.

7 de abril de 2016 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.