publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un neno falece en Sober ao ser atropelado polo tractor que conducía o seu pai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSoberSucesos
A-
A+
Europa Press

Un neno faleceu este domingo ao ser atropelado polo tractor que conducía o seu pai no lugar de Viladime de Abaixo, no termo municipal lucense de Sober. O irmán do falecido foi o que alertou á Central de Atención ás Emerxencias 112 sobre as 18,00 horas deste domingo, para pedir axuda sanitaria con urxencia, segundo explica no seu parte de emerxencias.

Así, indicou que despois “de caer do tractor no que viaxaba, o seu pai non o viu e atropelouno” e informou de que recibira “un forte golpe na cabeza”.

Foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que non se puido facer nada para salvar a vida do menor, segundo explica o CAE.

Un grupo de psicólogos especializados que colaboran co 112 Galicia en emerxencias e catástrofes desprazouse até o domicilio familiar para atender á familia do neno.

Ademais do helicóptero do 061, foron avisados tamén a Garda Civil e os Bombeiros de Monforte.

4 de abril de 2016 | 10:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.