publicidade hoxe

Un home ferido ao sufrir unha caída nunha empresa do polígono de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida na madrugada deste venres ao sufrir unha caída dende unha altura cando traballaba nunha empresa situada no polígono industrial de Mos (Pontevedra). Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 3,15 horas, momento no que foron mobilizados os efectivos de emerxencias da localidade e a Garda Civil.

Ademais, o servizo de Urxencias Médicas 061 trasladou ao home ao centro sanitario de referencia. Por outra banda, no municipio ourensano de Lobios, un home resultou ferido ao cortarse cunha rebarbadora. O home traballaba pola súa conta no lugar de San Paio, na parroquia de Araúxo, cando se produciu o incidente.

Os GES de Lobios informaron da situación ao CAE 112 Galicia minutos despois das 20,30 horas da tarde e ata o punto foron mobilizados dúas ambulancias.

8 de abril de 2016 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.