publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un grupo de gandeiros concéntrase ante Loxística Alimentaria contra a entrada de leite foráneo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOuteiro de Rei
A-
A+
Europa Press

Gandeiros concentráronse cunha vintena de tractores este mércores ante a planta da empresa Loxística Alimentaria, en Outeiro de Rei (Lugo), para protestar pola entrada “masiva” de leite de fóra de Galicia. Tras unha reunión na área de servizo da A-6 en Outeiro de Rei para decidir medidas a tomar nesta nova etapa de mobilizacións da plataforma en defensa do sector lácteo, un grupo de gandeiros desprazáronse ata esta factoría.

Esta é a última acción reivindicativa da plataforma en defensa do sector lácteo, e segundo avisa o voceiro en Lugo da Federación Rural Galega (Fruga), Elías Somoza, que forma parte desta, non se descarta un “escrache” á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Así, xustifica a protesta á entrada de Loxística Alimentaria por “ter unha actitude bastante negativa cos gandeiros”. “O que se trata de denunciar é a entrada masiva de leite foráneo nalgunhas industrias, mentres en Galicia se está a deixar de recoller”, criticou.

Ao respecto, acusa a Vázquez “de mirar para outro lado”, polo que non descarta que “tamén” teña “a súa visita con tractores no momento oportuno”.

Os gandeiros consideran “indignante” que en 2015 entrasen nas provincias da Coruña e Lugo un total de 166.904 toneladas de leite líquido foráneo — unha cantidade que se aproxima ao nivel producido nun mes en Galicia–, a dúas provincias que máis leite producen en todo o Estado.

6 de abril de 2016 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.