publicidade hoxe

Trasladan ao Xulgado ao detido polo crime de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLugoSucesos
A-
A+
Europa Press

A Policía Nacional trasladou ao detido polo crime da moza de Lugo Tatiana V.A., aos Xulgados para que poida pasar a disposición xudicial este mércores. Segundo explicaron fontes coñecedoras do caso, nos diferentes interrogatorios negou os feitos ante a Policía dende o seu arresto o pasado domingo. O home, de 31 anos e de orixe senegalesa, foi trasladado en torno a mediodía deste mércores.

A Policía, que inicialmente o detivo por un caso de violencia machista, tamén acusa este home, de orixe senegalesa, de ser o sospeitoso do asasinato, a falta de que, tras pasar a disposición xudicial, se coñeza como queda a súa situación.

O Xulgado número 3 de Lugo encárgase deste caso dende o sábado, cando estaba en funcións de garda, se ben ademais é o encargado dos asuntos vinculados con violencia machista.

A investigación apurou ao máximo as 72 horas máximas legais para a detención dunha persoa ata pasar a disposición xudicial para completar a recollida de probas. O arrestado o pasado domingo no barrio de San Roque de Lugo agarda “tranquilo” o momento de comparecer ante o xulgado.

13 de abril de 2016 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.