publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Trasladan ao hospital a un septuaxenario de Vilalba que pasou a noite desorientado nun monte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVilalba
A-
A+
Europa Press

Un septuaxenario de Vilalba (Lugo) foi trasladado este mércores ao hospital despois de pasar a noite nun monte da zona e alcanzar, preto das 9,00 horas, unha vivenda na que pediu axuda.

Preto da media noite, segundo recolle a Central de Atención ás Emerxencias 112, informouse dun accidente na N-634, pero non se rexistraron feridos. No lugar, ademais do vehículo do septuaxenario, tamén se atopaba un camioneiro que transportaba palés.

Segundo o parte da Central de Atención ás Emerxencias, sobre as 2,00 horas o camioneiro púxose en contacto co home, “quen dixo que estaba perdido no medio monte”, momento en que se activou un dispositivo de busca.

Foron avisados a Garda Civil e Protección Civil. Ata o lugar, desprazáronse efectivos para buscar o home, que antes das 9,00 horas deu cunha casa e pediu axuda. Unha muller avisou do sucedido, segundo confirmaron as fontes coñecedoras do caso.

O home foi achado “descalzo”, pero en aparente “bo estado” de saúde, aínda que “algo desorientado”. Foi trasladado ao hospital de Lugo.

6 de abril de 2016 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.