publicidade hoxe

Traballadoras do servizo de axuda no fogar de Vimianzo piden a Ana Pontón que impida a súa privatización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVimianzo
A-
A+
Europa Press

As traballadoras do servizo de axuda no fogar de Vimianzo, municipio coruñés gobernado polo nacionalista Manuel Antelo, remitiron unha carta á voceiro nacional do BNG, Ana Pontón, para pedirlle que interceda para impedir “a precarización e privatización” desta prestación para dependentes.

Na misiva, as sete traballadoras do servizo transmiten a Pontón “a gravidade da situación” que viven na súa “tarefa diaria como empregadas públicas de servizos sociais” en Vimianzo.

“Dende o pasado mes de febreiro estamos sendo sometidas a presións co obxecto de que aceptemos a precarización da nosa situación laboral no concello baixo pretextos e argumentos que só perseguen na práctica a privatización do servizo público”, explican no seu texto, no que culpan das “presións” tanto ao alcalde coma a outros membros do seu equipo de goberno.

En concreto, refiren “presións” de cargos do BNG para lograr que renunciasen aos seus “dereitos laborais” e aceptasen un novo contrato, malia que algunhas levan “máis de 10 anos de prestación ininterrompida”.

É neste contexto no que denuncian “a utilización” do rexedor vimiancés da “súa posición de poder” e requiren a líder nacionalista que, á vista do “compromiso” do Bloque “en defensa dos servizos públicos”, impida “a precarización laboral e a privatización” do servizo de axuda no fogar.

“XESTIÓNS” CO ALCALDE

En paralelo, piden á dirección da formación frentista que faga “as xestións oportunas co alcalde” de Vimianzo para “poñer fin ás súas presións e ameazas” e para que se “restableza a normalidade nas relacións laborais do servizo”.

De paso, solicitan unha entrevista “á maior brevidade posible” para expoñer “en detalle” a Ana Pontón “a grave situación” que están a padecer para que poida “coñecer de primeira man todos os datos”.

1 de abril de 2016 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.