publicidade hoxe

Santiago Villanueva pide sensibilidade polo accidente de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, enmarcou na normalidade a reconstrución dos feitos do atropelo que se cobrou a vida dun neno en Sober (Lugo), dado que esta investigación se realiza en todo accidente con vítimas, e pediu “especial sensibilidade” ante este situación “tráxica”.

Trátase dunha actuación realizada con motivo do falecemento dun menor de oito anos, veciño de Monforte de Lemos, nun accidente doméstico na parroquia de Lobios, supostamente tras ser atropelado polo seu pai.

En declaracións aos medios, Villanueva recoñeceu que non se lle ocorre “unha situación máis tráxica” como esta que implica un pai e un fillo, polo que pediu “unha especial sensibilidade” co tratamento do caso e “proximidade” coa familia por parte das autoridades.

Neste sentido, recordou que todo accidente con vítimas vén acompañado dunha reconstrución dos feitos que empeza coa declaración das testemuñas, neste caso o proxenitor.

Esta reconstrución e nova toma de declaración do pai realizarase unha vez se oficie o funeral do menor, para a elaboración dun atestado que se levará ao xulgado correspondente, como “en calquera accidente” deste tipo.

Tamén ve “comprensible” a posible contradición entre a declaración inicial do pai sobre o vehículo que se usou durante o accidente, dado que “unha situación así é tremenda para todo o mundo”, polo que pediu esperar “a que se asenten un pouco as cousas” para tomar de novo declaración ao proxenitor e aclarar “todas as circunstancias”.

5 de abril de 2016 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.