publicidade hoxe

Rey Varela reúnese co alcalde de Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolPontedeume
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Pontedeume

Rey Varela na reunión co alcalde de Pontedeume

O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe na delegación da Xunta de Galicia en Ferrol co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, no marco da rolda de entrevistas que o titular da carteira autonómica está a realizar cos rexedores galegos. O obxectivo destes encontros é coñecer as necesidades no eido social de cada localidade e así poder optimizar os servizos prestados a través da unión de recursos locais e autonómicos.

Así as cousas, o titular de Política Social e o rexedor fixeron un repaso dos principais programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio; nomeadamente o incremento de 115 horas no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 2.068 das que se benefician 36 veciños e veciñas de Pontedeume. Neste eido, conselleiro e alcalde acordaron seguir traballando para suprimir a lista de agarda no Servizo de Axuda no Fogar e acadar o 100% de ratio de atención.

Jose Manuel Rey Varela e Bernardo Fernández Piñeiro, tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a futura construción dunha escola infantil, o que suporía unha importante mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na comarca do Eume.

19 de abril de 2016 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.