publicidade hoxe

Rey Varela mantén un encontro de traballo co alcalde de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Boqueixón. Foto: C. Paz

Rey Varela na reunión co alcalde de Boqueixón. Foto: C. Paz

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa apostando polo diálogo con todas as institucións públicas de Galicia e afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello coruñés de Boqueixón, Ovidio Rodeiro.

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, o conselleiro e o alcalde de Boqueixón sinalaron a importancia do incremento de 150 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 1.715 horas en total cunha ratio de atención do 79,04%. Nesta liña, Rey Varela anunciou que a súa consellería redobrará esforzos para que esa ratio de atención acade neste 2016 o 100%. Ademais, a colaboración entre as dúas entidades permitiu grandes avances no eido infantil xa que a ratio de prazas públicas en escolas infantís chega xa ao 51,96%, moi por encima da ratio aconsellada pola Unión Europea que é do 33%.

4 de abril de 2016 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.