publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rexistran o pazo de Mario Conde na Mezquita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MezquitaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O rexistro da UCO da Garda Civil en domicilios e propiedades do exbanqueiro galego Mario Conde inclúe un pazo na localidade ourensá da Mezquita, segundo confirmaron fontes da investigación. Mario Conde foi detido, xunto a sete persoas, entre elas os seus fillos Mario e Alejandra Conde e o seu xenro, no marco dunha operación realizada pola Garda Civil por suposto branqueo de capitais. A detención está relacionada con actividades dunha empresa familiar.

Na mañá deste luns, axentes da Garda Civil acudiron ao seu domicilio na rúa Triana de Madrid para rexistralo, así como en sedes de empresas familiares, e propiedades do exbanqueiro, como o pazo situado na localidade ourensá da Mezquita.

Ademais da súa actividade bancaria, Mario Conde chegou a fundar a partido Sociedade Civil e Democracia e optou á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas de outubro de 2012, aínda que non logrou representación.

Conde foi condenado a 20 anos de prisión polo Tribunal Supremo polo chamado ‘caso Banesto’, un escándalo financeiro que estalou en decembro de 1993 cando o Banco de España interviu a entidade polo buraco patrimonial superior a 2.700 millóns de euros que presentaba. Logrou en novembro de 2005 o terceiro grao penal tras cumprir parte da pena.

XUÍZ PEDRAZ

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz investiga se o exbanqueiro Mario Conde participou na creación dun armazón de sociedades no estranxeiro e en España, co que repatriaba a España diñeiro procedente das cantidades apropiadas e non atopadas no ‘caso Banesto’, segundo informaron fontes xurídicas.

O titular do Xulgado Central de Instrución número 1 investiga fundamentalmente delitos de branqueo de capitais e contra a Facenda pública nunha operación, na que a UCO da Garda Civil detivo a un total de oito persoas.

A operación, coordinada por Pedraz e a Fiscalía Anticorrupción, indaga tamén se as sociedades en España se atopaban a nome de terceiras persoas. O diñeiro repatriábase desde o exterior a territorio nacional a través de préstamos, ampliacións de capital e ingresos en efectivo.

REPATRIOU POLO MENOS 13 MILLÓNS

Fontes xurídicas indicaron que o exbanqueiro Mario Conde repatriaría, polo menos, 13 millóns de euros procedentes do estranxeiro segundo sospeitan os investigadores e o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz.

Segundo estas fontes consultadas, o maxistrado investiga se Conde participou na creación dun armazón de sociedades no estranxeiro e en España, co que repatriaba a España diñeiro procedente das cantidades apropiadas e non atopadas no ‘caso Banesto’.

11 de abril de 2016 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.