publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión provisional para outro dos irmáns de Sinaí Giménez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O xuíz de instrución número 3 de Cangas (Pontevedra) decretou este mércores o ingreso en prisión provisional doutro dos irmáns de Sinaí Giménez, e fillo do patriarca do ‘clan dos morones’, Mariño G.J., pola súa presunta implicación na trama criminal de extorsión a vendedores ambulantes de mercadillos.

O maxistrado acordou, por outra banda, deixar en liberdade, en calidade de investigada, á parella de Mariño, que foi detida xunto a el este martes en Tomiño (Pontevedra), e que deberá comparecer periodicamente en sede xudicial.

Así, son xa cinco os membros da familia no cárcere por esta causa (na que se investigan, entre outros, delitos de extorsión, branqueo, fraude á Seguridade Social): o patriarca Olegario G.J.; e os seus fillos Sinaí, Juan Paulo, Saúl e, agora, Mariño.

Para as declaracións destes dous últimos detidos, do mesmo xeito que xa se fixo cos demais investigados, reforzáronse as medidas de seguridade na contorna dos xulgados de Cangas, onde familiares e achegados de Mariño e a súa parella permaneceron desde primeira hora da mañá.

O irmán de Sinaí Giménez saía do edificio xudicial sobre as 14.15 horas, esposado e escoltado por axentes da Garda Civil, e era introducido no furgón que lle traslada á prisión da Lama. Mentres, os seus familiares denunciaron a berros que as detencións son “unha inxustiza”.

27 de abril de 2016 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.