publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión provisional para o home detido polo asasinato da xoven acoitelada en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLocal PortadaLugoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido polo crime da moza de Lugo Tatiana V.A., ao que se investiga por un delito de asasinato.

Así o confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), despois de que o home, de 31 anos e de orixe senegalesa, fose trasladado este mediodía dende os calabozos para pasar a disposición xudicial.

Segundo explicaron fontes coñecedoras do caso, nos diferentes interrogatorios previos ante a Policía, o home negou os feitos dende o seu arresto o pasado domingo. O Xulgado número 3 de Lugo encárgase deste caso dende o sábado, cando estaba en funcións de garda, se ben ademais é o encargado dos asuntos vinculados con violencia machista.

A investigación apurou ao máximo as 72 horas máximas legais para a detención dunha persoa ata pasar a disposición xudicial para completar a recollida de probas. O corpo de Tatiana V.A., de 24 anos, foi localizado dentro do seu vehículo nun barrio da cidade de Lugo o sábado. O cadáver da nova lucense presentaba múltiples puñaladas.

13 de abril de 2016 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.