publicidade hoxe

O senegalés detido segue como único sospeitoso do crime de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, asegurou este venres que o mozo senegalés detido en relación ao crime de Tatiana Vázquez en Lugo, que se atopa en prisión, segue sendo “o principal e único sospeitoso” de momento, mentres “avanza” a investigación.

“De momento, segue sendo o principal e o único sospeitoso porque é o único que está detido, pero as probas están a chegar e os seus resultados están a chegar e se van pasar ao xulgado (número tres) e será o xulgado o que ten que dirimir o que vai pasar con Ibrahim ou con outra persoa se a houbese”, sinalou.

Carballo precisou que “a investigación segue avanzando”, ao tempo que incidiu en que está “baixo segredo sumarial”, corroborando que o xulgado que leva a investigación, neste caso o número tres, “está a chamar persoas que prestaron declaración a nivel policial”.

“Están a chegar tamén novos datos e novas probas que se enviaron a análise e con eses resultados se van pasar ao xulgado e será o xulgado que marque as pautas de agora en diante. Está baixo segredo sumarial e dende a subdelegación non temos ningún dato novo que achegar”, concluíu.

22 de abril de 2016 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.