publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Igape destaca a aposta de Docampo pola calidade como garantía para medrar e internacionalizarse

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcarei
A-
A+
Javier Aguilera na visita ás instalacións do grupo Docampo

Javier Aguilera na visita ás instalacións do grupo Docampo

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe o continuada aposta do Grupo Alimentario Docampo pola renovación tecnolóxica e pola mellora da calidade dos seus produtos como garantías para reafirmar a súa competitividade, para seguir medrando e para ampliar a súa expansión cara a novos mercados internacionais.

O Grupo Alimentario Docampo, especializado en presentacións de pan tostado, realizou xa incursións en mercados internacionais como Portugal, Estados Unidos ou Reino Unido, e agora está centrando os seus esforzos de proxección exterior cara a países como Italia, Bélxica ou Francia. Para avanzar en mercados altamente competitivos, durante os dous últimos anos o grupo conseguiu certificacións de calidade como a ISO 22000, A BRC ou a IFS.

O Grupo Alimentario Docampo está consolidando ao mesmo tempo, grazas á calidade dos seus produtos a súa presenza nas principais cadeas de alimentación españolas. Así, a compañía prevé, nos dous próximos anos, ter as súas novas instalacións de Forcarei a plena produción, incrementando progresivamente o emprego para pasar dos 30 postos de traballo actuais a uns 70.

Durante a súa visita ás novas instalacións do grupo en Forcarei, onde estivo acompañado polo director de Internacionalización do Igape, Abel Veiga, Aguilera destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén activos programas como o Galicia 1000 ou o Galicia Inviste para que as pemes contén cos apoios que precisen para investir e crear emprego.

Nesta liña, destacou que ademais de préstamos directos, préstamos participativos ou préstamos bancarios bonificados ou avalados polo Igape, as pemes poden contar con liñas de axuda para cubrir ata o 35% de investimentos, a partir de 50.000 euros, ou para apoiar as súas iniciativas de internacionalización. Aguilera subliñou que, neste ámbito, e a través do programa Galicia Exporta, este ano o Igape compromete un especial impulso internacionalización das pemes galegas facilitando a súa presenza en mercados internacionais.

22 de abril de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.