publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O exmozo da xoven asasinada en Lugo pasará este mércores a disposición do xuíz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLocal PortadaLugoSucesos
A-
A+
Europa Press

O exnoivo de Tatiana V.A., a moza de 24 anos que foi atopada morta o sábado nun coche e que foi enterrada este luns en Castro de Rei, pasará a disposición xudicial este mércores, tras esgotar as 72 horas máximas previstas e despois de que a Policía o interrogue este martes de novo.

O arrestado, que foi localizado este domingo e detido por un presunto delito de violencia machista, permanece dende entón nos calabozos da comisaría e, segundo confirmou o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, a investigación considérao “sospeitoso homicidio”.

Este martes está previsto que se lle tome declaración á exparella de Tatiana V.A., de orixe senegalesa e, unha vez que estea “o atestado completo”, tras o interrogatorio, remitirase ao xulgado este mércores, esgotando as 72 horas da detención.

Carballo concretou que se dispoñen “dos resultados de varias análises”, das probas que se tomaran, e os cales “achegan datos reveladores que poden indicar que se está próximo ao esclarecemento do crime”.

Así, xa se rastrexaron os “datos” de dous teléfonos móbiles, “un de Tatiana e o outro do seu compañeiro sentimental”, e agora estase á espera de localizar un terceiro móbil da moza, “para poder abrilo e mirar os seus datos”. “Todas as probas que se fixeron están a dar froitos importantes que nos poden levar a un resultado final”, asegurou.

TOALLA CON SANGUE

Ao respecto da aparición dunha toalla con sangue no cuarto da pensión onde vivía o exnoivo, Ramón Carballo indicou que “hai resultados de análise que achegan datos importantes, como ese, e outros moitos ao igual que os mobles”. “Hai que completar o atestado”, apuntou.

“Hai probas, hai esas probas e outras que se están a analizar e están a dar os seus resultados”, resolveu.

12 de abril de 2016 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.