publicidade hoxe

O alcalde de Palas de Rei declárase “inocente” das acusacións de prevaricación e acoso no traballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de Rei
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada (PP), que sentará no banco -salvo resolución contraria do Constitucional- xunto a outros catro concelleiros cando aconteceron os feitos e xunto ao seu predecesor no cargo, declarou a súa “inocencia” ante os feitos dos que se lle acusan de prevaricación continuada e acoso laboral á secretaria-interventora do Concello.

O Xulgado de Instrución número 1 de Chantada decretou a apertura de xuízo oral apoiado nun escrito da Fiscalía no que se acusa a un total de 11 persoas pola súa suposta participación nos feitos, ou ben de acoso laboral ou prevaricación.

O pasado 10 de marzo, segundo confirmaron fontes xurídicas, o rexedor e outros acusados presentaron un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional por considerar que se”vulneraran” dereitos fundamentais durante o procedemento, vía que sería a única que podería evitar que sentasen no banco.

Para Taboada, que se confesa “tranquilo”, e o seu predecesor no cargo, Francisco Pensado, a Fiscalía pide dez anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por oito meses de multa cunha cota diaria de 15 euros; mentres que polo delito de ‘mobbing’ a pena de dous anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

O rexedor de Pas cre que a causa, que partiu da denuncia da secretaria en 2011, pode ser xulgada a “finais de ano”. “Case contento; non contento por ter que enfrontarme á xustiza, porque non é bo, pero, por outro lado, si porque por fin poderemos ter a oportunidade de defendernos”, subliñou este xoves Taboada.

“CONSIDÉROME INOCENTE”

“Eu considérome inocente, tamén considero os meus compañeiros, ao igual que a min, inocentes; e imos no xuízo a ter a oportunidade de defendernos”, destacou Taboada, quen sinalou que, de tódolos xeitos, o recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional “aínda podería cambiar esta situación”.

Ao respecto, indicou que este recurso o presentou o grupo municipal do PP, que conta con outros catro concelleiros que terán que sentar no banco dos acusados. Concretamente, para os catro edís a Fiscalía pide dez anos de inhabilitación.

As outras persoas implicadas, ata 11 que sentarán no banco -salvo resolución do Constitucional-, correspóndense con traballadores do Concello, inclúe a encargada do rexistro de entrada, quen, segundo a Fiscalía, “de forma intencionada e a sabendas da súa ilegalidade, consentiu que se alterase” un documento referido á denunciante.

7 de abril de 2016 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.