publicidade hoxe

O acusado de abusar do seu fillo en Friol cre que o acusa por ameazas da nai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriol
A-
A+
Europa Press

O home xulgado en Vigo por un delito continuado de abusos sexuais ao seu fillo menor de idade considerou que o menor o acusa porque “está ameazado pola súa nai e o seu tío”; mentres que a nai insistiu na veracidade dos abusos e recoñeceu a súa “culpa como nai” por non velos, ante o que dixo que “non quería ver”, porque quería que fosen “unha familia feliz”.

O xuízo por estes feitos comezou este mércores na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, onde declararon os pais e o tío do neno, achegados do acusado, o orientador do colexio e dous peritos que examinaron ao menor, quen no momento en que se iniciaron os feitos axuizados tiña 7 anos de idade.

O acusado, que confirmou que entre a súa parella e el houbo denuncias cruzadas por agresións, defendeu que a relación co neno -fillo dela e adoptado por el- era “moi boa, excelente”, e que os xogos eran inocentes, e mantivo que a relación entre eles cambiou por mor das “ameazas da nai”, quen dixo que impedía ao fillo que falase con el.

A nai pola súa banda, comentou que notou un cambio no comportamento do neno, pero achacouno a que non era o seu pai verdadeiro. Segundo dixo nunha declaración na que incorreu en contradicións, na súa presenza “non pasaban” eses abusos, aínda que posteriormente admitiu que viu os bicos e sabía que tiña marcas de dentadas no cu e chupóns no pescozo.

Dous peritos -unha psicóloga e un médico forense do Imelga- trasladaron que durante o exame o neno mostrou “unha linguaxe verbal e non verbal moi congruente” e valoraron o seu relato como “crible”. No entanto, o orientador do colexio apuntou que non apreciou no neno indicadores de abusos sexuais e que nin el nin profesores detectaron “nunca” que tivese marcas.

6 de abril de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.