publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nava Castro presenta o Centro Superior de Hostalería aos estudantes do IES Val do Tea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+
Nava Castgro no IES Val do Tea

Nava Castgro no IES Val do Tea

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o Instituto de Educación Secundaria (IES) Val do Tea, en Ponteareas, para dar a coñecer a formación que se imparte no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) e as saídas profesionais que teñen os seus alumnos.

Deste xeito, a directora de Turismo de Galicia presentou aos alumnos do IES Val do Tea as oportunidades de continuación de estudos e inserción profesional que lles ofrecería o CSHG, que conta cun 85% de integración laboral dos seus alumnos no sector hostaleiro e de restauración e un prestixio e recoñecemento a nivel internacional.

Neste sentido, lembrou que desde 1995, ano en que se puxo en marcha o primeiro curso de Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras, o CSHG formou a máis de 2.000 directivos que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo.

Doutra banda, a directora explicou que a gastronomía é clave para o turismo da Comunidade e que profesionalizar o turismo, apostando pola formación, é imprescindible para consolidar un destino competitivo.

Nava Castro explicou que, co obxectivo de promover a formación específica en cada ámbito do sector turismo, a Xunta de Galicia elaborou un Plan Integral de Turismo. A directora tamén exemplificou esta aposta do Goberno galego pola formación en accións en marcha como a Escola de Turismo itinerante do CSHG, que lle dá acceso á formación ás empresas do sector e ofrece unha formación a medida adaptada á realidade de cada negocio.

Metodoloxía de formación do CSHG

En cada curso, o CSHG ofrece unha formación integral ao combinar o ensino teórico coa parte práctica, o que contribúe a incrementar a formación dos seus alumnos, que tamén aprenden como funcionan as diferentes engrenaxes das empresas hostalerías para estar completamente preparados para embarcarse con profesionalidade no actual mercado laboral.

Esta calidade na formación adquirida é un importante reclamo para as grandes cadeas hostaleiras internacionais, que amosan gran interese por contratar alumnos do Centro e os sitúan, incluso, en postos de responsabilidade.

26 de abril de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.