publicidade hoxe

Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recibe o PXOM de Mañón para a aprobación definitiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañón
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu esta mañá de mans do alcalde de Mañón, Alfonso Emilio Balseiro Gómez, o que suporá o primeiro Plan xeral de ordenación municipal deste concello coruñés, situado na comarca de Ortegal, para a súa aprobación definitiva.

Cómpre lembrar que o documento que se está a ultimar obtivo a aprobación provisional no pleno municipal de onte, tras introducir o equipo redactor as modificacións recollidas na Orde de non Aprobación emitida do pasado 31 de marzo.

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que agora a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para analizar o PXOM. A aprobación deste documento de planeamento porá fin a vixencia das normas subsidiarias provinciais aprobadas en xuño de 1978.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este proxecto de urbanismo, para o que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio concedeu axudas por importe de 112.000 euros.

22 de abril de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.