publicidade hoxe

Lete Lasa fai públicos os Premios do Deporte Galego 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaOurense
A-
A+
Presentación dos Premios do Deporte

Presentación dos Premios do Deporte

O secretario xeral para o Deporte e presidente do xurado dos Premios do Deporte Galego, fixo pública esta mañá en Ourense o fallo destes galardóns na súa edición 2015, acompañado polo alcalde da cidade e a delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira.

Como establece a convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 9 de marzo, estes galardóns recoñecen publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o xurado sobre as 17 categorías ás que este ano se suma unha mención especial.

Durante o acto, Lete Lasa, quixo agradecer o labor do xurado cualificador, así como a todos aqueles que presentaron candidaturas á esta edición dos premios. “Como todos os anos, as decisións foron difíciles. O nivel do noso deporte é incuestionable: só hai que mirar os galardoados, e o traballo e esforzo que se atopa detrás de cada un dos seus méritos”, apuntou o secretario xeral.

Finalmente, anunciouse tamén que o acto de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 12 de maio no Teatro Principal de Ourense. Para rematar, o secretario xeral para o Deporte quixo agradecer á Deputación Provincial de Ourense e ao alcalde da cidade, Jesús Vázquez Abad, a súa hospitalidade para con esta festa do deporte galego.

Galardoados 2015

Premio á mellor deportista feminina. Teresa Portela Rivas
Premio á mellor deportista feminina con discapacidade. Susana Rodríguez Gacio
Premio ao mellor deportista masculino. Francisco Javier Gómez Noya
Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade. Martín De la Puente Riobo
Premio ao mellor equipo feminino. Atlético Guardés
Premio ao mellor equipo masculino. Club Ourense Baloncesto SAD
Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade. Racing Club Chapela
Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base. Club Ciclista Maceda
Premio ao/á mellor adestrador/a. Rafael Vázquez López
Premio ao/á mellor árbitro/a –xuíz/a. María Bautista Maestre
Premio ao mellor labor informativo. Suplemento “Más Deporte” (La Región)
Premio ao mellor evento deportivo. Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña
Premio ao patrocinio deportivo. ABANCA
Premio deportista revelación. Ex aequo, Adrián Ben e Miguel Alvariño García
Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. Concello de Arteixo
Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter privado destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. Alcer Coruña
Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. IES Mugardos
MENCIÓN ESPECIAL. Daniel Pérez Morales

14 de abril de 2016 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.