publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ethel Vázquez destaca un investimento de 800.000 euros para a mellora de 15 quilómetros de estradas e a construción de sendas en Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónLocal Portada
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, ao que lle trasladou que a Xunta investirá máis de 800.000 euros na mellora do firme de máis de 15 quilómetros de estradas e a construción de sendas neste municipio.

Vázquez explicou que no verán o seu departamento comezará a contratar as obras que se levarán a cabo na estrada que vai da Susana a Vila de Cruces (AC-960) e tamén na que une Lamas e Ponte Marzán (AC-261), actuacións que suman un orzamento de máis de 435.000 euros por parte do Executivo autonómico.

Na estrada que vai ata a Susana executarase un reforzo de firme localizado ao longo de toda a vía: 14 km corresponden ao termo municipal de Boqueixón. Ademais, atendendo á solicitude do alcalde, mellorarase a drenaxe nos puntos onde se ten detectado unha maior acumulación de auga.

O Goberno galego tamén vai completar a mellora de firme realizada o pasado ano na estrada que une Lamas e Ponte Marzán.

Plan de Sendas

Por outra parte, a conselleira tamén abordou co rexedor o Plan de Sendas da Xunta, que prevé dúas actuacións importantes neste concello de Boqueixón, concretamente na AC-960, ás que se destinarán case 400.000 euros.

Unha das sendas, de case un quilómetro, unirá A Susana co polígono industrial; e outra de máis dun quilómetro, irá desde A Susana ata A Eirexe (Rodiño).

Ethel Vázquez adiantou que xa se está a encargar a redacción dos proxectos, que estarán redactados no verán para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo.

A titular de Infraestruturas precisou que o obxectivo último é que os veciños poidan ter sendas útiles e saudables para realizar os seus itinerarios habituais; sendas que unan os núcleos de poboación e os principais centros de equipamentos, como o parque empresarial.

1 de abril de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.