publicidade hoxe

Dous días de loito en Sober pola morte do neno de 8 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Europa Press

A corporación do Concello de Sober celebrou este luns un pleno extraordinario para decretar dous días de loito oficial “en sinal de dor” polo falecemento dun menor de oito anos, veciño de Monforte de Lemos, nun accidente doméstico na parroquia de Lobios.

Ademais, as bandeiras ondearán a media hasta e cun crespón negro, segundo explicou o alcalde, Luís Fernández Guitián, que trasladou as condolencias á familia e amigos en nome de toda a corporación.

O rexedor púxose a disposición da familia “para todo aquilo que poida necesitar” e pide que non se produza ningún accidente tráxico máis”.

O neno faleceu este domingo ao ser atropelado polo tractor que conducía o seu pai. O irmán alertou á Central de Atención ás Emerxencias 112 sobre as 18,00 da tarde pera pedir axuda sanitaria con urxencia.

Segundo o irmán, o menor deuse un golpe na cabeza tras caer do tractor no que viaxaba co seu pai, que non se decatou da súa ausencia e atropelouno.

4 de abril de 2016 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.