publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deputación de Pontevedra e Concello de Pazos de Borbén impulsarán proxectos comúns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de BorbénPontevedra
A-
A+

Na súa primeira visita institucional ao Concello de Pazos de Borbén a presidenta da Deputación, Carmela Silva, comprometeuse co alcalde, Andrés Iglesias, e co tenente de alcalde, Severino Reguera, a prestar toda a colaboración do seu goberno para traballar conxuntamente nos proxectos que ten pendentes este municipio.

A Deputación de Pontevedra concedeulle este ano a Pazos de Borbén 379.782,54 € do Plan Concellos, é dicir, preto de 40.000 € máis que en 2015. O municipio poderá destinar esta cantidade a financiar emprego, investimentos, actividades e gasto corrente. Na actualidade a institución provincial adxudicou xa máis do 40 % do importe que lle corresponde a Pazos de Borbén, é dicir, 155.384,48 €, que o Concello está a investir en gasto corrente, eventos deportivos e lúdicos, así como na contratación de 20 traballadoras e traballadores.

Ademais, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembroulle ao alcalde que todos os colectivos sociais, culturais, deportivos e de calquera índole tamén poden optar a subvencións e axudas que se tramitan polo sistema de libre concorrencia. Neste contexto, Silva recoñeceu a dificultade de xestionar os escasos recursos dos municipios máis pequenos e avanzou que, ademais de incrementar o Plan Concellos, “estamos a elaborar plans de actuación en todas as áreas, coma deportes, turismo, cultura ou política social”, sinalou.

No transcurso da reunión de traballo, que se desenvolveu nun ambiente de total cordialidade, a presidenta da Deputación asinou no libro de honra do Concello de Pazos de Borbén.

6 de abril de 2016 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.