publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Citan a declarar como testemuña a outro home relacionado coa xoven asasinada en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confirmou este mércores que un home de orixe dominicano relacionado coa xoven asasinada hai dúas semanas en Lugo, Tatiana V.A., foi citado a declarar como testemuña.

“Como sabedes, (o caso) continúa baixo segredo de sumario”, explicou o delegado do Goberno aos medios, para logo precisar que se seguen facendo as investigacións correspondentes” e que “hai pendentes unha serie de probas referidas tanto a teléfonos móbiles como probas de AND”.

A continuación, indicou que, “evidentemente”, ao continuar o caso baixo segredo de sumario tamén o fai a investigación, “a espera de que se aclaren totalmente os feitos”. A este respecto, sinalou que, dentro dese proceso, “poderase tomar declaración a esa ou outras persoas en función do que decidan os órganos xudiciais”.

De igual modo, remarcou que “están abertas todas as hipóteses posibles”. “Está en prisión a persoa que estaba xa en prisión e, como consecuencia desta investigación, poden xurdir novas probas e, en función delas, novas actuacións e detencións”, resolveu.

20 de abril de 2016 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.