publicidade hoxe

Augas de Galicia analizará a rede de abastecemento de Baralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaralla
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, analizará a rede de abastecemento do concello de Baralla para realizar un estudo de necesidades, previo a un proxecto de mellora.

Así se acordou hoxe tras a reunión mantida entre a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Manuel Jesús González. No encontro, o rexedor trasladou á representante autonómica que a rede de abastecemento presenta algunhas deficiencias, que agora serán avaliadas polos técnicos do Goberno galego.

13 de abril de 2016 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.