publicidade hoxe

As obras de mellora de seguridade viaria da estrada PO-232 iniciaranse este verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, informoulle hoxe ao alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, de que as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-232 se iniciarán este verán e estarán rematadas antes de que remate o ano. A titular de Infraestruturas, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe este municipio, onde mantivo unha reunión de traballo co rexedor.

Vázquez salientou que estas obras, que foron licitadas a comezos deste mesmo mes, poderán comezar en nos vindeiros meses coa fin de ser executadas en condicións meteorolóxicas favorables e de que estean rematadas neste mesmo ano.

Ethel Vázquez explicou que se levará a cabo o reforzo localizado de firme na estrada PO-232, que vai de Carballedo ata San Xurxo de Sacos. Nesta vía realizaranse tarefas de fresado e reposición do firme en puntos localizados, ao longo de case 10 quilómetros, cun investimento total de máis de 154.000 €.

Plan de Sendas

Na xuntanza, Ethel Vázquez e o alcalde abordaron os itinerarios presentados como prioritarios polo Concello de Cotobade para desenvolver ao abeiro da segunda fase do Plan de Sendas que está a deseñar o Goberno galego. A conselleira lembrou que a Xunta seleccionou a comarca de Pontevedra para desenvolver a segunda fase deste programa e recordou que se dirixiu aos nove municipios da bisbarra, entre eles o de Cotobade, para convidalos a trasladar as súas prioridades.

Vázquez subliñou que a Xunta ten por obxectivo executar as sendas peonís e ciclistas se adecúen ás necesidades reais dos cidadáns, polo que estamos a solicitar a colaboración e a achega de propostas por parte dos concellos.

27 de abril de 2016 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.