publicidade hoxe

A Xunta licita as obras de reforzo de firme na estrada PO-409 por un investimento de máis de 300.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reforzo de firme na estrada PO-409, en Salvaterra de Miño, por un investimento de máis de 300.000 euros.

Estas actuacións teñen un prazo de execución de 6 meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 16 de maio. No seguinte enlace pode consultarse a información relativa á resolución publicada hoxe no DOG.

O treito no que se actuará está comprendido entre os puntos quilométricos 0+140 e 0+720 da estrada PO-409, que une Salvaterra (PO-403) e A Rañada (PO-510).
O obxecto destes traballos é mellorar a capa de rodadura da estrada para acadar un incremento na seguridade viaria. Así mesmo, preténdese analizar o actual funcionamento da rede de evacuación de augas fecais e pluviais co fin de realizar as actuacións necesarias que permitan a súa evacuación e transporte de forma separativa.
As principais actuacións a executar son a instalación dunha nova rede de saneamento (pluvial e fecal); estendido dunha capa de firme de 5 cm de formigón bituminoso en quente; e o repintado de todas as marcas viarias do treito de actuación.
A Xunta de Galicia, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionado así aos cidadáns unhas estradas seguras e cómodas.

20 de abril de 2016 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.