publicidade hoxe

A Xunta inicia a contratación das obras de reforzo de firme en tres estradas ao seu paso por Tomiño, Tui e A Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaPontevedraTomiñoTui
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reforzo de firme en tres estradas autonómicas na provincia de Pontevedra, concretamente nos concellos de Tomiño, Tui e A Guarda, concretamente trátanse das estradas PO-552, PO-553 e PO-352. Estes reforzos, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) teñen un prazo de execución de tres meses aproximadamente e contarán cun orzamento de máis de 511.000 euros.

As actuacións que se levarán a cabo pasan pola rehabilitación do firme mediante o selado de fisuras e reparacións puntuais que se realizarán con fresado e reposición, en puntos localizados nos seguintes tramos, na PO-552, se actuará dende o punto quilométrico 59+300, cerca da Tarrasteira, ao 71+070 (en Areas), beneficiando aos concellos pontevedreses de Tomiño e Tui; e na PO-553, a estrada da Ponte de Goián, os traballos executaranse en 1,46 quilómetros no municipio de Tomiño.

No caso da PO-352 actuarase no total da estrada, cunha lonxitude de de 4,35 quilómetros (dende o 1+680 ao 6+030); no municipio da Guarda. Nesta estrada, ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección entre o punto quilométrico 0 e o 1+000, concretamente no que se chama a travesía de Perillo.

A Axencia Galega de Infraestruturas está a desenvolver unha intensa campaña de reparación de firmes en varios treitos de estradas da rede autonómica, de acordo coas prioridades técnicas establecidas tras estudar o estado do firme de toda a rede. Con estas actuacións, no ano 2016 previse actuar na mellora 570 quilómetros da rede autonómica.

8 de abril de 2016 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.