publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destaca o labor da factoría Clavo que aposta pola innovación en Caldas en Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+
Alfonso Rueda na visita á factoría

Alfonso Rueda na visita á factoría

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o traballo que desenvolve a empresa Clavo Food Factory, con sede en Caldas de Reis, onde traballan arredor de 300 persoas. Durante a visita realizada a esta factoría, salientou a capacidade de innovación e a competitividade desta empresa con máis de 30 anos de existencia, dous dos eixos fundamentais polos que aposta a Estratexia Industria 4.0 da Xunta de Galicia.

O Goberno galego ten reforzado nos últimos anos o apoio ás empresas para I+D+i e para modernizarse, seguir medrando, sendo máis competitivas e abrindo novos mercados. É o caso desta empresa, que nos últimos anos contou con axudas de máis de 250.000 euros, basicamente para modernización do seu equipamento, para a mellora da eficiencia enerxética, a mellora dos seus procesos e para a saída a mercados exteriores.

O vicepresidente explicou que esta aposta polo tecido empresarial galego está inserida dentro da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, que ten como obxectivos a creación de 50.000 empregos industriais ata 2020 e elevar o peso da industria no PIB ata o 20 por cento.

11 de abril de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.