publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adxudica tres vivendas de promoción pública en Ferrol e As Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A Xunta de Galicia, a través da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña acordou, na reunión desta semana, propoñer a adxudicación directa dunha vivenda de promoción pública en Ferrol e adxudicación provisional doutras dúas nos concellos de Ferrol e das Pontes.

A proposta de adxudicación directa dunha vivenda de promoción pública propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en Ferrol, correspondeulle a unha persoa vítima de violencia de xénero. Asemade, adxudicouse provisionalmente unha vivenda adaptada destinada a unha persoa con mobilidade reducida.

No caso das Pontes, a Comisión Provincial de Vivenda adxudicou provisionalmente unha vivenda propiedade do IGVS, en réxime de alugueiro.

A adxudicación provisional, tanto en Ferrol como nas Pontes, realizouse a través do sorteo entre os inscritos nos Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia

O IGVS comunicará esta información aos adxudicatarios, que terán que indicar a súa aceptación da vivenda que lles corresponde e das condicións de adxudicación.

7 de abril de 2016 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.