publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A TIC presenta en Sarria un documental etnográfico sobre a construción do carro tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoSarria
A-
A+

A Fundación TIC presentou en Sarria un documental etnográfico que recolle paso a paso a construción dun carro tradicional galego a cargo do carpinteiro do Incio Manuel Olmo de 83 anos. A xerente da Fundación TIC, Margarita Soilán, amosou a súa satisfacción “por contribuír con iniciativas coma esta a conservar e transmitir ás novas xeracións as tradicións máis vinculadas á nosa cultura. O uso do carro nas tarefas agrícolas e como transporte de mercancías formou parte esencial da Galicia rural ata non hai tantos anos”.

O vídeo proxectouse na Casa da Cultura de Sarria nun acto no que, ademais de Soilán, participaron a Alcaldesa, Pilar López, os Deputados de Innovación e TIC´s, Pablo Rivera, e de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e o propio Manuel Olmo, que construíu o seu último carro ante as cámaras da TIC. “É un privilexio poder contar coa experiencia dun dos últimos carpinteiros dedicados a un oficio en desuso, logo da aparición da maquinaria moderna”, apuntou Rivera.

Documental para a posteridade

Manuel Olmo naceu en Cizán (O Incio) en 1932. Aos 17 anos aprendeu a traballar coa madeira dun xeito autodidacta e co seu primeiro carro gañou 2.000 pesetas. No documental da TIC narra, en primeira persoa e paso, todo o proceso necesario para a construción, as distintas partes do carro do pais e as ferramentas que deben empregarse. O documental gravouse no taller de Olmo en Sarria.

Os carros galegos levan ferro e madeira, que pode ser de carballo, ameneiro ou bidueiro, secada de xeito moi lento, mesmo durante un período de 10 anos. Está construído por dous conxuntos diferenciados: o chedeiro, que é a plataforma na que se deposita a carga, e o rodado formado polo eixo e as rodas.

14 de abril de 2016 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.