publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Federación Galega de Cofradías asegura que casos como o de Fene prexudican a imaxe do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O presidente da Federación Galega de Cofradías, Tomás Fajardo, considerou que con casos como o das detencións na confraría de pescadores de Ballobre de Fene, na Coruña, a imaxe do sector “sempre sae prexudicada”.

Tomás Fajardo participou este venres nun acto organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade en Santiago onde foi preguntado polos xornalistas pola detención do patrón maior da confraría, Carlos Rey, o secretario, o biólogo e o responsable das poxas deste pósito.

A todos eles, que quedaron en liberdade o xoves tras pasar a disposición xudicial, se lles investiga nunha causa aberta por falsidade documental, contra a saúde pública e contra a Facenda.

Ao respecto, aínda que o presidente da Federación Galega de Cofradías asegurou non ter información sobre “que aconteceu e a que se debe a intervención”, aproveitou para destacar “a calidade humana” do patrón maior desta confraría.

“Eu coñezo persoalmente a Carlos Rey, paréceme unha persoa moi boa e, a xestión ou o que poida acontecer tras esas investigacións, iso é outra cousa”, asegurou antes de considerar que “se se fixeron cousas mal ou non o terán que determinar as entidades correspondentes”.

Ademais, preguntado ao respecto, Fajardo explicou que a Federación Galega de Cofradías non ten ningunha competencia para ditaminar ningún tipo de medida cando hai unha operación deste tipo nun pósito asociado, posto que as confrarías son “órganos autónomos”.

22 de abril de 2016 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.