publicidade hoxe

A Estación de Manzaneda acollerá o primeiro Congreso Galego de Neve e Montaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaManzanedaOurenseOurense
A-
A+
Nava Castro na presentación do congreso

Nava Castro na presentación do congreso

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentaron hoxe o Congreso Galego de Neve e Montaña.

O Congreso, organizado polo concello de Manzaneda terá lugar os próximos 9 e 10 de abril na Estación de Montaña co obxectivo de abordar de maneira multidisciplinar a problemática das actividades deportivas, pero tamén laborais e económicas, desenvolvidas nas zonas de montaña nas que é frecuente a presenza de neve.

Así, o Congreso Galego, a través da participación directa e o debate, pretende coordinar aqueles sectores e persoas relacionados de algunha maneira co mundo da neve e da montaña.

Na presentación, a directora de Turismo de Galicia destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do noso destino.

Neste senso, Nava Castro afirmou que o feito de contar na nosa comunidade cunha estación de montaña enriquece a oferta turística de Galicia e consolida o noso destino como un modelo sostible. “A Estación de Manzaneda constitúe un recurso con enorme potencialidade que está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial e impulsando a desestacionalización da demanda”, afirmou.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que a Estación de Montaña de Manzaneda é unha prioridade para Turismo de Galicia. “Apostamos por este recurso xa que creemos no seu gran potencialidade e por iso traballamos a prol da súa potenciación y promoción”, explicou.

Modelo europeo de turismo sostible

Por outra parte, Nava Castro resaltou que un dos retos actuais de Turismo de Galicia é posicionar a nosa comunidade como modelo europeo de turismo sostible.

Neste senso, explicou que unha das liñas estratéxicas do Plan Integral de Turismo de Galicia céntrase na consolidación da nosa comunidade como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo.

A directora de Turismo de Galicia destacou que o Concello de Manzaneda, “pioneiro no fomento da formación e desenvolvemento turístico sostible”, está a contribuír a acadar este reto. Así mesmo, Nava Castro sinalou que é fundamental que as empresas e profesionais do sector traballen tamén en base a este modelo de protección dos recursos.

4 de abril de 2016 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.