publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra acolle a presentación da mostra Art Ibérica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraRibadumia
A-
A+
Presetnación da mostra Art Ibérica

Presetnación da mostra Art Ibérica

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á concelleira de Ribadumia Mar Moimenta, ao responsable de Art Ibérica, Ángel Lorenzo, e ao responsable de comunicación do evento, presentaron esta mañá, na Deputación de Pontevedra, a exposición Art Ibérica. Esta mostra, que terá lugar no Auditorio de Ribadumia a partir do 30 de abril, recolle obras de artistas nacionais e internacionais coma Pilar Taboada, Elohin, Francisco Lorente, José Antonio Fondevila, Carneiro, Lorem e Sergio Portela.

Carmela Silva destacou que “nas Rías Baixas temos unha importante produción vitivinícola e unha oferta altamente especializada en enoturismo, unidas a unha riqueza cultural, patrimonial e artística”. Ademais, a presidenta da Deputación engadiu que “viño e turismo son dous sectores fundamentais para a economía da provincia de Pontevedra, de aí a importancia desta mostra, que conxuga arte e enoturismo”.

Pola súa banda, a concelleira de Ribadumia Mar Moimenta convidou a todas as interesadas e interesados a asistir ao Auditorio de Ribadumia o vindeiro sábado, ás 20:30 horas, para gozar da mostra artística que enxalza o viño, elemento fundamental para este concello.

Os responsables de Art Ibérica deron a coñecer que se trata dun movemento que busca xerar sinerxías para potenciar, dinamizar e poñer en valor os recursos a través da dinamización artística e turística. En concreto, pretende proxectar a imaxe das Rías Baixas ao mundo, creando sensacións a través de linguaxes universais coma a arte, o viño e a gastronomía.

As obras, que se poderán ver en Ribadumia a partir do 30 de abril, aparecen recollidas nunha publicación, titulada Art Ibérica, elaborada por traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra, “servidores públicos -segundo afirmou Carmela Silva- que teñen un firme compromiso co seu traballo”.

25 de abril de 2016 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.