publicidade hoxe

A Consellería do Mar executa as obras de pavimentación da explanada do Porto de Morás por 60.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, rematou as obras de pavimentación da explanada portuaria do porto de Morás, no concello de Xove, que supuxeron un investimento de arredor de 60.000 euros. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou esta mañá as obras e fixo un percorrido polas instalacións xunto co alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro.

A pavimentación da explanada e da rampla do porto lucense de Morás foi solicitada polo concello e polo sector profesional e forma parte das obras de mantemento e conservación que leva a cabo o ente público Portos de Galicia regularmente nos portos autonómicos.

Nesta ocasión actuouse cunha pavimentación sobre unha superficie duns 2.000 m² que corresponden á explanada portuaria. Ademais, na zona da rampla levouse a cabo o formigonado da súa superficie e finalmente rematouse esta actuación coa sinalización vertical e horizontal de todo o porto.

Esta visita é unha máis das que o presidente do ente público está a realizar aos portos para coñecer de primeira man as obras de reposición, acondicionamento e mantemento das instalacións portuarias que o ente público realiza ao longo do ano para manter os portos nas condicións axeitadas de seguridade e operatividade portuaria.

29 de abril de 2016 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.