publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Medio Ambiente ampliará o proxecto de construción da Etap de Guntín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntín
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Guntín

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Guntín

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ampliará o proxecto de construción dunha ETAP e da tubaxe de impulsión para o abastecemento de auga en Guntín. O proxecto está actualmente na fase de redacción e ten un orzamento estimado de 550.000 euros.

Así o acordaron hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Jesús Carreira, durante unha xuntanza de traballo. En concreto, a ampliación acordada consistirá en engadir un novo sistema de impulsión cara o núcleo de Lousadela.

Esta modificación suporá un incremento do investimento inicial previsto. Segundo as estimacións do departamento autonómico, o proxecto –coa ampliación xa incluída- estará rematado antes do verán.

6 de abril de 2016 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.