publicidade hoxe

A Academia de Seguridade Pública da Estrada forma a 80 policías en criminoloxía viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+
Formación en criminoloxía viaria

Formación en criminoloxía viaria

O director de Emerxencias e Interior, Luis Menor, clausurou hoxe na Agasp as II Xornadas Nacionais de Aspectos Criminolóxicos en materia de Seguridade Vial, ás que asistiron máis de 80 profesionais das Forzas de Seguridade de Galicia, entre policías locais, gardas civís e persoal de emerxencias.

No seminario trataranse asuntos como os traballos en beneficio da comunidade para condenados por delitos contra a Seguridade Vial; a pedagoxía emocional; as diferenzas entre provincias españolas sobre trazos de personalidade asociados aos delincuentes viais; a condución agresiva; a documentoscopia ou o consumo de drogas e alcohol, entre outros.

Ademais, tamén se presentou a terceira edición do manual Aspectos Criminolóxicos en materia de Seguridade Vial, elaborado por 28 expertos nesta materia, nacionais e internacionais.

1 de abril de 2016 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.