publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller falece ao prenderse lume mentres cociñaba en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha octoxenaria faleceu na mañá deste mércores en Culleredo (A Coruña) por queimaduras ao prenderse lume na roupa mentres cociñaba, segundo informaron fontes municipais. En concreto, trátase dunha veciña do Portádego, identificada coas iniciais M.C.C, de 80 anos. Por circunstancias que aínda se investigan, a vítima queimouse cando estaba a cociñar na súa vivenda da Avenida Gonzalo Garcés, segundo informa o 112 Galicia, ao que deu aviso a filla da muller, de acordo coa información facilitada dende a Casa do concello.

En concreto, unha alerta recibida este mediodía na central da Cruz Vermella permitiu ao CAE 112 Galicia activar un operativo no que participaron bombeiros, axentes de seguridade e técnicos sanitarios. O equipo de extinción do parque comarcal de Arteixo descartou que se producise un incendio.

Así, dende o Concello de Culleredo precisouse que, cando chegaron tamén os servizos de Protección Civil, se comprobou que non había ningún incendio na vivenda e que a orixe estivo no lume que prendeu na roupa da muller. Ao lugar, desprazouse tamén unha ambulancia do 061 que certificou a morte da anciá.

16 de marzo de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.