publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un incendio afecta a unha cetaria en Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxíaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio orixinado nos vestiarios afectou á primeira hora deste luns a unha cetaria situada na localidade coruñesa de Muxía, aínda que non se produciron danos persoais. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, as chamas comezaron sobre as 7.00 horas deste luns nos vestiarios dunha cetaria situada no lugar de Merexo. A orixe, segundo as primeiras investigacións, estivo nunha estufa.

Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil e de Protección Civil, así como os Bombeiros de Cee, que deron por finalizadas as tarefas de extinción ao redor das 8.15 horas. O lume afectou unicamente á zona de vestiarios.

Por outra banda, os Bombeiros de Cee participaron tamén na noite do domingo na extinción doutro incendio que se produciu na antiga escola do lugar de O Vilar de Toba.

O lume comezou pasadas as 22.30 horas e, nun primeiro momento, foron alertados tamén efectivos sanitarios ante o risco de que, ao ser un edificio abandonado, houbese algunha persoa no seu interior. Unha vez apagado o lume, que afectou á planta baixa, os Bombeiros refrixeraron a zona e comprobaron que non había ninguén no edificio.

21 de marzo de 2016 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.