publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece nun accidente de tráfico en Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaQuirogaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home faleceu este luns nun accidente de tráfico ocorrido na localidade lucense de Quiroga, tras despeñarse o vehículo que conducía por un precipicio duns 300 metros. No sinistro resultou ferida a súa acompañante.

O accidente tivo lugar sobre as 10.40 horas na estrada LUP-5004, que une as parroquias de Vieiros e Seara, cando o vehículo, no que viaxaban dúas persoas, saíuse da vía e caeu por un terraplén duns 300 metros. A zona estaba afectada pola neve nese momento.

A muller que viaxaba co falecido puido saír do vehículo e alertar a un particular que deu a voz de alarma ao 112. Até o lugar de desprazaron efectivos dos Bombeiros de Monforte e do GES de Folgoso do Courel, que traballaron durante varias horas até conseguir rescatar ao condutor.

Finalmente, o home puido ser excarcerado do vehículo e izado até a estrada, onde persoal sanitario do 061 tratou de reanimalo, aínda que finalmente faleceu. A muller foi atendida das súas feridas na PAC de Quiroga.

7 de marzo de 2016 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.